{"id":1069,"date":"2022-01-18T13:38:18","date_gmt":"2022-01-18T11:38:18","guid":{"rendered":"https:\/\/xilavogados.com\/?p=1069"},"modified":"2024-01-08T11:05:08","modified_gmt":"2024-01-08T10:05:08","slug":"compatibilidade-do-complemento-de-pension-de-invalidez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/blog\/compatibilidade-do-complemento-de-pension-de-invalidez\/","title":{"rendered":"Compatibilidade do complemento de pensi\u00f3n de invalidez"},"content":{"rendered":"<p>No suposto do que hoxe tratamos temos unha persoa que vi\u00f1a percibindo unha pensi\u00f3n de invalidez e un complemento, do 20%, vinculado coa s\u00faa idade, que estaba pr\u00f3xima \u00e1 de xubilaci\u00f3n, cando lle foi concedido.<\/p>\n<p>O problema xurd\u00edu unha vez que foille reco\u00f1ecida outra pensi\u00f3n, de xubilaci\u00f3n, en outro pais (Holanda), e o INSS declarou que eran incompatibles e, aparte de quitarlle o complemento, reclamoulle as cantidades que ti\u00f1a cobrado por tal concepto dende que lle foi reco\u00f1ecida a pensi\u00f3n de xubilaci\u00f3n por Holanda.\u00a0 Temos que engadir que a cont\u00eda da pensi\u00f3n de xubilaci\u00f3n reco\u00f1ecida por este pa\u00eds era moi cativa, mesmo inferior \u00e1 do citado complemento. Ou sexa que o pobre do home, amais de ter que devolverlle \u00e1 Seguridade Social varios meses acumulados, cobrar\u00eda, dende que se lle concedeu a pensi\u00f3n holandesa, menos do que vi\u00f1a cobrando ata ent\u00f3n.<\/p>\n<p>O xulgado social de Santiago, onde caeu a nosa demanda, desestimouna por considerar que o INSS ti\u00f1a a raz\u00f3n, ao manter que a percepci\u00f3n do complemento non era compatible coa percepci\u00f3n dunha pensi\u00f3n de xubilaci\u00f3n, nun terceiro pa\u00eds, porque entroutros motivos a raz\u00f3n de ser do complemento ti\u00f1a que ver coa idade do beneficiario e as dificultades que isto lle supo\u00f1\u00eda para acceder a un posto de traballo, namentres que a xubilaci\u00f3n, por definici\u00f3n, implica que non podes traballar.<\/p>\n<p>O certo \u00e9 que a administraci\u00f3n actuou dun xeito contrario ao procedemento legal establecido,\u00a0 ao inciar un procedemento de devoluci\u00f3n de cobros indebidos, que era o que conti\u00f1a a declaraci\u00f3n de incompabilidade das prestaci\u00f3ns, sen seguir, antes, o proceso legalmente previsto. (Proceso de revisi\u00f3n de actos declarativos de dereitos que prexudiquen os seus beneficiarios). Este defecto, pod\u00eda carrexar a declaraci\u00f3n de nulidade do procedemento seguido e a posibilidade de que a administraci\u00f3n iniciase o proceso correspondente. Pero, claro, o interesante para o afectado non era iso, sen\u00f3n que se declarase a compatibilidade das prestaci\u00f3ns para que a cuesti\u00f3n quedase definitivamente resolta e puidese cobrar a s\u00faa pensi\u00f3n espa\u00f1ola, o complemento do 20% e e, tam\u00e9n, a pensi\u00f3n de Holanda.<\/p>\n<p>Xa que logo, aparte da dita circunstancia, invocamos, no\u00a0 recurso que formulamos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza,\u00a0 a doutrina do Tribunal de Xustiza da Uni\u00f3n Europea (TXUE) que, en asuntos similares ao que nos ocupa, establec\u00eda que non pod\u00eda establecerse a incompatibilidade entre unha prestaci\u00f3n \u00edntegra e outra rateada, como \u00e9 o caso dun complemento que se establece nunha determinada porcentaxe sobre a cantidade base percibida e, sobre todo, que unha declaraci\u00f3n de incompatibilidade non pod\u00eda derivar da interpretaci\u00f3n, contraria ao beneficiario, dunha serie de normas que non te\u00f1en prevista, de xeito claro e espec\u00edfico, o mesmo tipo de situaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Ao final, ga\u00f1amos o recurso e o pensionista non tivo que devolver nada e, ademais, puido seguir cobrando as d\u00faas pensi\u00f3ns e mais o complemento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No suposto do que hoxe tratamos temos unha persoa que vi\u00f1a percibindo unha pensi\u00f3n de invalidez e un complemento, do 20%, vinculado coa s\u00faa idade, que estaba pr\u00f3xima \u00e1 de xubilaci\u00f3n, cando lle foi concedido. O problema xurd\u00edu unha vez que foille reco\u00f1ecida outra pensi\u00f3n, de xubilaci\u00f3n, en outro pais (Holanda), e o INSS declarou [&#8230;]\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25,34],"tags":[],"class_list":["post-1069","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-dereito-laboral","category-pensions"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1069","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1069"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1069\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1098,"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1069\/revisions\/1098"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1069"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1069"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/xilavogados.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1069"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}