O TSX de Galicia, nunha recente sentenza de finais do ano pasado (16.11.2021), introduciu un relevante cambio no modo de ver a compatibilidade para percibir unha pensión de xubilación e, á vez, seguir ostentando o cargo de administrador dunha sociedade mercantíl.

Unha vez que foille recoñecida a pensión o afectado pediu acollerse a unha xubilación activa, para seguir traballando nunha SL, con reducción da pensión que tiña concedida ao 50%.

Pouco tempo despois cesou na dita actividade, comunicoullo á seguridade social e esta volveu a empezar a pagarlle o 100% da pensión.

Máis tarde considerouse que o interesado seguíu a traballar, mesmo dende que deixou de estar en situación de xubilación activa e, xa que logo, negóuselle o dereito a percibir a pensión de xubilación, reclamándolle todo o cobrado dende entón.

Despois dun longo percorrido xudicial o Tribunal galego, fai unha interpretación favorable para o afectado, do art. 93.2 dunha Orde,, do 24:09.1970, que regula as normas de aplicación e desenrolo do réxime dos autónomos: ” O goce da pensión de vellez será compatible co mero mantemento da titularidade do negocio de que se trate, e co desenrolo das funcións inherentes a dita titularidade, sempre que este non implique unha dedicación de carácter profesional”.

Así pois, e aínda que o interesado mantiña a titularidade da SL, na cal mantiña a posesión do 75% do seu capital, e mesmo asinaba contratos, as contas anuais, e os recibos de salarios dos traballadores da empresa, o dito tribunal entende que todo isto non implicaba traballar, nin tampouco realizar unha actividade propia da súa condición profesional de economista, que é a que ostentou durante a súa vida laboral como autónomo, distinta da propia da súa mera condición de titular, capitalista, da empresa.

Para chegar a dita conclusión, hai que decir que o tribunal tamén valorou o feito de que outra persoa, a súa filla, quen declarou no xuízo seguido perante o xulgado social correspondente, era quen desempeñaba aquela actividade laboral e/ou profesional.

En resumo, a anterior doutrina abre unha porta moi importante para que quen queira seguir ostentando a titularidade dunha empresa, tras xubilarse, non se vexa obrigado a transmitir a súa participación e poda seguir, con maior tranquilidade, figurando como cabeza visible da mesma . Isto último, ás veces, échevos moi importante para manter o prestixio da empresa pois algúns dos seus clientes poden desconfiar se a sociedade cambia de máns.

Amais permíteselles, aos donos das empresas, realizar certos actos inherentes a esa condición, sen medo de que lles quiten a pensión.

Businessman reading documents with magnifying glass concept for analyzing a finance agreement or legal contract