Unha vez mais o Tribunal Supremo ven de darlle a razón a unha traballadora que, tras ser despedida, cobrou os salarios de tramitación e tamén o “paro”, pero este foi declarado como incompatible, así sen maiores consideracións, coa percepción dos primeiros.

O suposto comeza pola declaración como improcedente do despedimento da traballadora, se ben a empresa acabou pechando e non lle pagou e entón concedéronselle os salarios de tramitación con cargo ao Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) e comezou tamén, por outra banda, a cobrar a prestación por desemprego.

A administración declarou incompatible a percepción de ambas compensacións (a dos salarios de tramitación e a do paro) en entón reclamoulle que devolvese o que tiña cobrado pola última. Menudo marrón!.

Por fortuna, a traballadora presentou un recurso, que tras o habitual percorrido xudicial, as veces resulta cansino e mesmo desesperante, e tivo éxito, xa no Tribunal Supremo, pois este órgano da xustiza declarou e reiterou na súa sentenza de 19.04.2022, o que xa establecera en anteriores resolucións, como unha do 1.02.2011, que se ben a percepción de ambas retribucións ou compensacións era incompatible, únicamente o era cando ambas eran simultáneas ou coincidían no tempo. Isto é, cando os salarios de tramitación foran calculados respecto dun concreto período durante o cal, ademais, a traballadora, estivo cobrando o paro.

Porén, pola contra, a dita incompatibilidade non afecta aos períodos nos que non existe tal coincidencia, resultando neste caso, perfectamente lexítimo que a traballadora cobre a prestación por desemprego.