Ata hai pouco tempo, para calcular o tempo cotizado necesario para acceder a unha pensión de xubilación contributiva e, tamén, para calcular o tempo total cotizado co que saber o importe da nosa pensión, os traballos realizados a tempo parcial influían moi negativamente neses dous aspectos.

Respecto do primeiro, podía suceder que por culpa dos traballos a tempo parcial non chegásemos a cubrir o período mínimo de cotización de 15 anos, mínimo necesario para acceder a unha pensión de xubilación contributiva.

Respecto do segundo, esa mesma circunstancia podía influír na contía da nosa pensión polo feito de considerarse que os días traballados a tempo parcial non equivalían aos días traballados a tempo completo. Esa diferenciación daba como resultado unha pensión de xubilación contributiva máis pequena.

A corrección veu da mán dunha sentenza do Tribunal Constitucional, a número 91/2029, de 3 de xullo. Porén, como sucede casi sempre, o avance que, a seguir, vou explicar de xeito breve, veu da man de Europa. Do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), co gallo de que as mulleres (que eran e son as que na súa maioría realizan traballos a tempo parcial) resultaban discriminadas cando querían acceder a unha pensión de xubilación contributiva, á que non accedían porque non tiñan cotizado o mínimo legal de 15 anos ou, cando si o facían, se lles recoñecía unha paga moi inferior en base ao menor número de días que se lles recoñecían como cotizados.

Existía, ata ese nomento, unha discriminación, que se unía á circunstancia que xa derivaba de computarse unhas bases de cotización, de por si, menores, para os traballos a tempo parcial.

Pois ben, a partires da dita sentenza, para calcular o período de carencia, ou sexa, os anos totales cotizados polo traballador, téñense en conta tanto os días cotizados a tempo completo, como os días cotizados a tempo parcial, considerándose uns e outros como días naturais cotizados, sen aplicarlle aos últimos coeficiente reductor ningún.