Administracións
Diante dunha denegación de prórroga de estadía por estudos, porque a administración comproba que a persoa solicitante ten antecedentes penais, esta acude ao xulgado, que entende que máis aló de tal circunstancia, haberá que valorar, en conxunto, ademais da exposta, outros factores, como o seu arraigo en España, a próxima terminación dos seus estudos, que a condena penal xa está extinguida, etc. Dito órgano é partidario da aplicación analóxica de artigos da lei de estranxeiría e o seu reglamento que prevén a ponderación de circunstancias por enriba da simple constatación de antecedentes penais no solicitante, para supostos de residencia temporal. Sen embargo, a administración persiste no seu criterio, que basa en diferenciar o réxime da estadía do da residencia temporal. Definitivamente o Tribunal Supremo, zanxa a cuestión, aplicando un criterio máis favorable ao recurrente, que segue a liña defendida polo xulgado, partidario de ponderar factores como a entidade do delito (tratábase dun delito de conducción baixo os efectos do alcohol) e a condena imposta, e o seu cumprimento efectivo. Por outro lado, tamén valora, outra serie de circunstancias como as relativas a como se desenvolvera a estadía do estranxeiro até o momento e o feito de que se cumpriran os obxectivos perseguidos coa estadía, fixándose neste caso, nas cualificacións e bo aproveitamento dos estudos polo interesado.