En datas recentes, obtivemos esta resolución (da que transcribimos unha parte), pola que a unha cliente do noso despacho concédenselle unha tarxeta que a autoriza para residir en España, na súa condición de parella de feito rexistrada dun cidadán da Unión Europea.

traballador estranxeiro
FECHA 25/11/21

ASUNTO: RESOLUCIÓN

O día 22/11/2021 tivo entrada nesta Oficina de Estranxeiría da Coruña UNHA solicitude de
TARXETA DE RESIDENCIA TEMPORAL DE FAMILIAR DE CIDADÁN DA UE (SUPUESTO
XERAL DE RESIDENTE FORA DE ESPAÑA (ART. 8.5) PARELLA REXISTRADA), a cal unha
vez examinada resulta que:
Acredita o cumprimento do establecido no Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre
entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da
Unión Europea e de outros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo (RD
240/2007).
De conformidade coa competencia atribuída á Subdelegada do Goberno pola Disposición
Adicional Primeira do Real Decreto 557/2011, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento
de desenvolvemento da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos
estranxeiros en España e a súa integración social (RLOEX), en relación coa Disposición Adicional
Segunda do Real Decreto 240/2007:
RESOLVO
RECONOCER o dereito a obter TARXETA DE RESIDENCIA TEMPORAL DE FAMILIAR DE
CIDADÁN DA UE, coas seguintes características:
TITULAR:
NIE:
NACIONALIDADE: COLOMBIA
TIPO DE AUTORIZACIÓN: TARXETA DE RESIDENCIA TEMPORAL DE FAMILIAR
DE CIDADÁN DA UE
VIXENCIA: Desde 23/11/2021 ata 22/11/2026
FAMILIAR QUE DÁ O DEREITO A, con DNI
RÉXIME UE:
PARENTESCO: PARELLA REXISTRADA

Parece que as cousas están a cambiar, para ben. Aínda que somos conscientes de que non sempre vai ser tan fácil e rápido como neste caso.

Pode destacarse, con relación á documentación que tivemos que aportar, que foi preciso contar cunha resolución do rexistro de parellas de feito, un certificado de empadroamento colectivo, e tamén tivemos que acreditar que o cidadán da Unión Europea contaba con recursos económicos suficientes para o mantemento temporal da súa parella.

 

Tras varias semanas de preparación da documentación necesaria, unha vez presentada a solicitude, por vía telemática, a resolución positiva foi emitida en tan só 3 días. ¡Todo un record!.

Outra cousa moi importante é que co permiso de residencia do que falamos, ademais de abandonar a situación de estadía irregular en España, a persoa beneficiada poderá traballar.